Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Aviso legal
Difundir o artigo en Cabozo

Aviso legal


DATOS DA EMPRESA

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (en adiante CTNL) infórmalle de que é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito galego con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, que se rexe polas normas dos seus estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e polas demais normas complementarias, e que está inscrita no correspondente rexistro de asociacións.

Denominación social: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
CIF: G-15542897 Domicilio social: Apdo. 170 - 15780 Santiago de Compostela
Teléfono: 629 571 950
Enderezo electrónico para efectos de comunicación: info@ctnl.org

Todas as notificacións e comunicacións entre os/as usuarios/as e a CTNL consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso deste sitio web (en adiante “o web”), do que é titular a CTNL.

A navegación polo web de Agasallo-CTNL atribúe a condición de usuario/a deste e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, CTNL condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos ao previo cumprimento do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence á CTNL, sen que poidan entenderse cedidos ao/a usuario/a ningún dos dereitos de explotación sobre estes máis aló do estritamente necesario para o correcto uso do web.

O/a usuario/a garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a CTNL e será o/a único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O/a usuario/a obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O/a usuario/a responderá perante a CTNL ou perante terceiros/as, de calquera dano e perda que puideran causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

A CTNL non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o/a usuario/a poida acceder a través das ligazóns establecidos no seu sitio web e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.

A CTNL declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, aos/ás usuarios/as do seu sitio web, puideran derivarse da navegación pola súa páxina. En consecuencia, a CTNL non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir o/a usuario/a.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus nin das súas visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo provedor de servizos de internet da CTNL. Con esta información analízase a frecuencia de uso do web a partir dos datos de conexión, e as seccións más visitadas. A CTNL non utiliza cookies para recoller información dos/as usuarios/as desde a súa páxina web nin rexistra os seus enderezos IP.

O/a usuario/a ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, e pode, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso a este sitio web da CTNL non será preceptiva a instalación de cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios do web, serán incorporados a un ficheiro titularidade de CTNL con domicilio en Apdo. 170 - 15780 Santiago de Compostela, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que CTNL poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o/a usuario/a autoriza a que se lle envíe información e comunicacións.

Así mesmo, a CTNL cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou teñan deixado de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de fatos de carácter persoal.

O/a usuario/a poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á CTNL, no seguinte enderezo Apdo. 170 - 15780 Santiago de Compostela, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico info@ctnl.org, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

A CTNL adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas derivadas de alteracións que terceiros/as poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do/a usuario/a.