Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O Falsete
Difundir o artigo en Cabozo

O Falsete


O Falsete
  • Rúa Santa Catalina, 30, Buño . 15111 Malpica de Bergantiños
  • T.  +34 981 71 11 35
  • Email
  • Web

O Falsete, alfarería artesanal

Carmen Isabel

Carmen Isabel

Carmen Isabel foi a primeira muller oleira de Buño ademais de ser a actual presidenta da Asociación Oleira de Buño. É unha oleira autodidacta, e deu pulo e practicismo ao barro, artellando pezas de uso comercial e decorativo de cada vez maior presenza. Carácter e singularidade na cor son dúas das súas características.

25 anos, 400 deseños

Durante 25 anos, a oleira Carmen Isabel elaborou sobre 400 deseños artesanais, dos cales existen en tenda 35 deseños diferentes, coas súas variacións. Todos eles están baixo a Denominación Protexida Olería de Buño.

Tradicional e moderno

As nosas pezas son de tradición pero tamén de liña creativa, cun carácter máis moderno ou rexerador.

Cada peza é única

Este é un produto artesán e exclusivo de Carmen Isabel. Cada peza é única, pois ao seren feitas á man todos teñen as súas pequenas diferenzas e, polo tanto, o seu carácter propio.



Produtos de O Falsete


Silueta pensativa

Carmen Isabel
O Falsete

Tamaño 22x15x13

PVP rec. 27,00 €