Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Implicadas
Difundir o artigo en Cabozo

Implicadas


Implicadas no Desenvolvemento
  • Rúa Barcelona, nº86 -baixo. 36211 Vigo
  • T.  886 111 911
  • Email
  • Web

Implicadas no Desenvolvemento

Somos  unha ONG galega apartidaria e aconfesional, fundada en 1998 para contribuír a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero e dende Galicia.

Na filosofía Implicadas defende:

  • Que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres.
  • Que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio.
  • Que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación e por iso traballamos para superar primeiro a discriminación que padecemos as mulleres.

 Na acción Implicadas:
  • Traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento.
  • Abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito.
  • Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.

Cal é o obxectivo de implicadas?
  • O obxectivo principal de Implicadas é conseguir un nivel de desenvolvemento que lles permita ás comunidades a autoxestión dos seus recursos.
  • Con este motivo os nosos programas se levan a cabo sempre respondendo ás necesidades reais que a comunidade coa que se vai traballar expón.
  • Outro punto fundamental é que en todo momento a comunidade se ten que sentir dona e partícipe do programa non como unha mera receptora pasiva senón como actora principal.
  • Os proxectos financiados por Implicadas teñen unha duración de entre tres e seis anos, nos que a comunidade se vai formando ata que xa non necesita o impulso das traballadoras e traballadores da organización local.

Algo máis sobre nós

Implicadas basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende a loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte e a busca de espazos para que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poida tomar decisións sobre as súas vidas. Así, Implicadas entende a pobreza como un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de voluntariado na que na actualidade traballan preto de 50 persoas. 

Por outra banda, Implicadas busca promover a participación da cidadanía do Sur e en particular das mulleres a través das súas organizacións propias na toma de decisións sobre a súa vida a nivel local e mundial. Ademais, Implicadas promove intercambios de activistas e artistas dos países do Sur e é unha organización baseada no voluntariado, polo que conta cunha única persoa contratada en Galicia.



Produtos de Implicadas