Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Días especiais para agasallar » Día en que casan os paxariños
Difundir o artigo en Cabozo

Día en que casan os paxariños


“A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.


DÍA EN QUE CASAN OS PAXARIÑOS

O 2 de febreiro é o día da Candeloria. A festa da luz e o día do amor nos antigos costumes galegos. Actualmente esta é unha celebración relixiosa que consiste na bendición das candeas nas parroquias, mais a festa ten as súas orixes nos cultos pagáns dos ciclos estacionais, en concreto, neste caso, na chegada da primavera, e con ela o renacer da natureza. E dise que é a época do casamento dos paxaros.

Como en boa parte dos países, agora en Galicia tamén se adoita celebrar o Día d@s Namorad@s polo San Valentín, o 14 de febreiro. Mais este día 2, en que casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada e bonita para celebrar o amor, e para sorprender a parella.

Que tal unha cea ou unha fin de semana? Se cadra, se a cea, ou a fin de semana, é na casa, podes contar cun viño ou un licor etiquetado en galego. E, senón, que che parece un libro, un disco ou un dvd? E unha camisola ou un complemento xeitosiño?

Bota un ollo por aquí, que tes opcións abondas! ;-)