Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Días especiais para agasallar » Día d@s namorad@s
Difundir o artigo en Cabozo

Día d@s namorad@s


DÍA D@S NAMORAD@S

Hai mil maneiras de expresarlle amor, paixón ou desexo a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está moi ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.

Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P

Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz, Rei Zentolo ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!

Así que, xa sabes, este 14 de febreiro fain@ gozar coa lingua!

Busca por aquí, que seguro que atopas algunha proposta xeitosiña! ;-)