Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Difundir o artigo en Cabozo

Día de Rosalía


DÍA DE ROSALÍA

Un libro en galego e unha flor. Iso, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa poeta nacional, é o que animamos a agasallar o 24 de febreiro, Día de Rosalía, tal e como promove a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885. É a nosa meirande poeta e a figura máis importante do Rexurdimento. O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio por ser esta a data de edición da súa obra máis salientable, Cantares Gallegos.

Que, anímaste a celebrar o Día de Rosalía agasallando un libro ou algo relacionado con Rosalía? En Agasallo.eu dámosche abondas opcións! Tes onde elixir! ;-)

Mira aquí as diversas propostas que hai relacionadas con Rosalía!

Rosalía para ler, escoitar e lucir! Rosalía nunha chea de formatos e estilos! En libro, en CD, en mochila, en carcasa de móbil, en camisola, en cunca, en billeteira, en caderno... Rosalía pop. Rosalía clásica.

#EuSonRosalía