Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Difundir o artigo en Cabozo

Día do pai


Día do pai

En gran parte dos países do mundo está fixado un Día do Pai. As datas varían, mais os motivos son os mesmos. No noso caso, por influencia católica, está establecido o día de San Xosé, o 19 de marzo.

Amor aos pais cómpre demostrárllelo sempre, e de moitas maneiras, mais o costume neste día é facelo tamén cun agasalliño, e aquí poderás atopar ideas.

Se o teu pai é de música, un disco é unha boa opción. Se lle gusta ler, está claro, un libro, e, se non lle gusta ler, proba a facerlle as ganas. Elixe un libro que, pola temática, lle poida resultar atractivo, que sexa sinxeliño e, a ver se lle colle o aquel. Unha camisola? Un vermú? Unhas latas de conserva? Unha lambonada? Unha mochila? Unha pintura? Un...? Será por ideas! ;-)

Fedella por Agasallo.eu, que seguro que has atopar ese regalo único que buscas para ese teu pai tan especial!