Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Difundir o artigo en Cabozo

Día do libro


DÍA DO LIBRO

A lectura cómpre fomentala sempre, mais nunha data marcada cómpren accións de impulso..., e de celebración! E se celebras este día agasallando a alguén cun libro en galego? Veña, anímate!

Temos magníficas novelas de amor, de desamor, de aventuras, de viaxes, de intriga. Temos ficción para todos os gustos. Para gozar coas historias. Sorprende a alguén e regálalle imaxinación e creatividade. Temos poesía social e de amor. Temos magníficos ensaios. Palabras, paixón e lingua. Temos para todas as idades, para nenas e nenos, para maiores, para todas e todos. Mil maneiras de ver o mundo, mil maneiras para ver o mundo.

A nivel internacional a data fixouna a UNESCO en 1995, mais as orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), en que é costume agasallar alí unha rosa e un libro. Ademais, un 23 de abril, o de 1616, morreu Cervantes e, tamén en 23 de abril, polo calendario inglés tamén de 1616, faleceu Shakespeare. Moitas cousas que fixeron marcar esta data no calendario.

Busca por aquí e fai gozar da lectura!