Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Días especiais para agasallar » Día das letras galegas
Difundir o artigo en Cabozo

Día das letras galegas


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este día celebramos as letras e a lingua! E, mira, podes facelo de moitos xeitos, está claro, pero a mellor maneira, a máis efectiva, é usando con normalidade a lingua propia, a galega. Con todos/as, en todos os ámbitos! Proba, xa verás! Se queres que exista, que teña presente e futuro, é do melloriño que podes facer ;-)

Ah, e ademais consumindo de xeito lingüisticamente responsable e, polo tanto, agasallando tamén de xeito lingüisticamente responsable, tal e como che propomos aquí.

Seguramente xa sabes que o Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, e a data foi elixida por ser a da edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que se publicou en 1863. E que mellor para celebralo que agasallar algo en galego!

Regala un libro; é o perfecto, o ideal! Temos magníficas novelas de amor, de desamor, de aventuras, de viaxes, de intriga. Temos ficción para todos os gustos. Para gozar coas historias. Sorprende a alguén e regálalle imaxinación e creatividade. Temos poesía social e de amor. Temos magníficos ensaios. Palabras, paixón e lingua. Temos para todas as idades, para nenas e nenos, para maiores, para todas e todos. Mil maneiras de ver o mundo, mil maneiras para ver o mundo.

E, se prefires agasallar outra cousa, adiante! Tes neste portal ben opcións! Música, audiovisual, xogos, tecnoloxía, téxtil, alimentación, experiencias... E todo en galego!