Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Medallón das Sete Pitas
Difundir o artigo en Cabozo

Medallón das Sete Pitas


Empresa
Referencia
MedallónPindo
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
5 puntos

Sen dúbida trátase dun dos enigmas máis importantes que aínda rodean o Olimpo Celta: o Medallón das Sete Pitas (ou Medallón das Pléiades) atopado no Monte Pindo no século XIX e que desapareceu sen deixar rastro durante un coñecido episodio bélico da Guerra Civil.

Pois a Asociación Monte Pindo Parque Natural comprácese en anunciar que por primeira vez en case un século, este medallón de bronce volve a ser unha realidade física, tanxíbel, que podemos ver e sentir na palma da nosa man!

A peza de bronce macizo, elaborada polo artesán Pablo Leal, ten calidade Artesanía de Galicia, mide 7,7 cm de diámetro e conta cun grosor algo inferior ao centímetro. Representa dentro dun fermoso motivo xeométrico as sete galiñas ou pitas que algunhas voces da nosa etnografía identifican coa constelación das Pléiades. Porén estas sete pitas (ás veces de ouro) tamén apareceron recurrentemente na tradición oral vinculado a riqueza e a cursos de auga.

Esta reprodución é o produto dun intenso labor de investigación que permitiu chegar a unha interpretación gráfica bastante exacta a partir do debuxo orixinal deitado nas follas do Antigüedades de Galicia de Ramón Barros Silvelo en 1875, tomando tamén moi en consideración as descricións da peza achegadas por varios autores ao longo dos tempos.



Onde conseguir esta proposta

Podes mercar directamente este medallón na Tenda da Asociación Monte Pindo, premendo aquí >

Os beneficios desta compra van destinados á entidade sen ánimo de lucro Asociación Monte Pindo Parque Natural e destinaranse á restauración ecolóxica do Olimpo Celta (destruído no verán de 2013), mediante o proxecto SOS Monte Pindo.



Galería