Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Biblioteca Básica Os Bolechas
Difundir o artigo en Cabozo

Biblioteca Básica Os Bolechas


Biblioteca Básica Bolechas + Mulecha
Autor
Pepe Carreiro
Empresa
Categoría/s:
Ano
2012
Referencia
B.B.OS BOLECHAS
ISBN
978-84-616-1612-1
Idade
De 2 a 8 anos
PVP rec.
99,00 €
Valoración
0 puntos

Biblioteca Básica Os Bolechas: a primeira biblioteca dos máis novos da casa

Seguindo o máis  puro espírito dos Bolechas, Pepe Carreiro presenta unha obra de gran valor pedagóxico para que os máis novos aprendan a relacionarse co mundo.

Agora aprender será moito máis divertido coa Biblioteca Básica Os Bolechas, unha forma fácil e apaixonante de descubrir o mundo. Esta obra converterase na primeira biblioteca dos máis pequenos, achegándolles o amor polos libros ao tempo que aprenden a relacionarse con todo o que lles rodea.

Nesta obra de gran formato, Pepe Carreiro recolle o espírito dos populares personaxes infantís galegos cun enfoque máis didáctico, ideal para que pais e educadores poidan introducir formación en valores universais –como o respecto polos animais–, así como os primeiros coñecementos: como nacemos, como comportarse na rúa, o corpo humano, a roupa etc. Unha lectura divertida e con alto valor didáctico e pedagóxico a través de 18 libros e máis de 400 páxinas onde a mestura de lecer e formación dá lugar a unha colección perfecta para os máis pequenos.

  • A rúa
  • Os animais do bosque
  • Os animais domésticos
  • A hixiene
  • As horas do día
  • Os accidentes na casa
  • Os oficios
  • A roupa
  • Os transportes de viaxeiros
  • Como nacemos
  • O corpo humano
  • O corpo fala
  • A historia
  • As tarefas da casa
  • A cociña
  • A música
  • Os animais salvaxes
  • Os océanos

O libro fala e pictogramas de fácil lectura  

A colección incorpora as novas tecnoloxías a través dun recurso de gran valor: “O libro fala”, unha novidade que permite acompañar a lectura con recursos sonoros didácticos a través de códigos QR que son lidos por dispositivos móbiles (tabletas gráficas ou teléfonos móbiles) ou desde un ordenador. Este recurso didáctico contribúe á comprensión das mensaxes e aporta valor engadido á experiencia lectora, ademais de facer os adultos “cómplices” da actividade. Ademais, ao igual que O reloxo de Carlos, a Biblioteca Básica Os Bolechas incorpora pictogramas de fácil lectura, un recurso pedagóxico que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora. Ademais, son tamén adecuados para nenos con deficiencias físicas ou intelectuais, ou con dificultades de acceso á lectura.

A Muuulecha

A Biblioteca Básica Os Bolechas ten como complemento a Muuulecha. Unha maleta, un xoguete e un cómodo transporte que sorprenderá polas súas grandes prestacións. Ademais de ser unha cómoda maleta para gardar a roupa e outros obxectos dos pequenos, como libros ou xoguetes, a súa estrutura ríxida, á súa forma e ás rodas permitiralles aos nenos e nenas ir sentados sobre ela, empuxándose cos pés ou deixándose levar comodamente por outra persoa, grazas á tira de empuxe. Isto, unido á súa forma de vaca, fará da Muuulecha un dos xoguetes preferidos dos pequenos.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías. Máis información na súa páxina web.



Galería