Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ra do Monte Pindo
Difundir o artigo en Cabozo

Ra do Monte Pindo


Ra do Monte Pindo
Autor
Obradoiro Charamusca
Empresa
Categoría/s:
Referencia
RaPindo
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
5 puntos

Esta ra é unha divertida interpretación artística da Ra de Santo Antón (Hyla arborea), que é a mascota do proxecto SOS Monte Pindo. É unha peza de Artesanía de Galicia donada desinteresadamente polo Obradoiro Charamusca (Canedo - Carnota) para colaborar coa restauración do Monte Pindo.

Está elaborado en cartón pedra con materiais 100% reciclados, mide uns 15 cm e case non pesa nada, pero de seguro que aledará calquera estancia do teu fogar, ou do da persoa a quen lla regales, mentras contribúes a recuperar o Olimpo Celta. Ademais acompáñase cunha bandeira da Asociación Monte Pindo Parque Natural que podes quitar ou poñer ao teu gusto.



Onde conseguir esta proposta

Podes mercar directamente este medallón na Tenda da Asociación Monte Pindo, premendo aquí >

Os beneficios desta compra van destinados á entidade sen ánimo de lucro Asociación Monte Pindo Parque Natural e destinaranse á restauración ecolóxica do Olimpo Celta (destruído no verán de 2013), mediante o proxecto SOS Monte Pindo.