Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Pradolongo (DVD)
Difundir o artigo en Cabozo

Pradolongo (DVD)


Pradolongo
Autor
Ignacio Vilar
Categoría/s:
Ano
2008
Referencia
Pradolongo
Idade
De 7 a +18 anos
PVP rec.
5,00 €
Valoración
0 puntos

Dvd que inclúe película, clip, “Quen puidera namorala”, ficha técnica e artística e galería.
Audio en galego e subtítulos en catalá, euskara, castellano, english e português.

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade á medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á louxeira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.

Filme dirixido por Ignacio Vilar e que conta coa participación de Rubén Riós (Martiño), Tamara Canosa (Raquel), Roberto Porto (Armando), Mela Casal (Maruxa) ou Belén Constenla (Lourdes).



Onde conseguir esta proposta

Podes mercar o dvd de Pradolongo en:

  • Libraría Biblos (Betanzos)
  • Libraría Cartabón (Vigo)
  • El Corte Inglés (Vigo)
  • Libraría Andel (Vigo)



Vídeos