Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A cuadrilla da Fonte Navegante
Difundir o artigo en Cabozo

A cuadrilla da Fonte Navegante


A cuadrilla da Fonte Navegante
Empresa
Categoría/s:
Ano
2013
Referencia
FonteNavegante
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
5 puntos

Música para nenos e nenas de todas as idades, para que non morra @ nen@ que levas dentro! Dende sons de muiñeira ou folk ata rock and roll, chachachá ou hip hop. A finalidade deste disco é didáctica, con letras que implican xogos e en galego como algo propio que hai que usar e ao que temos que darlle valor. Na  parte musical varios temas están feitos con instrumentos pensados para nenos/as de colexios, como caixa chinesa, xilófono, cencerro e triángulo. Unha creación feita integramente en Ribeira.

Temas
1- Omapa (3:20)
2- O Can Roncador (2:22)
3- O Poeta Bocachea (2:25)
4 -Bulebule Bolboreta (3:20)
5- Cantiga da Fiandeira da Fonte (2:29)
6- A Bruxa Esdrúxula (3:06)
7- Cantiga do Catalonxe (3:07)
8- Xa se Asomou o Sol (2:28)
9- Cantiga da Mirada Esmeralda (2:43)
10- O Trasno Fuchestú (3:06)
11- A Lenda da Serea (4:12)

Créditos
-Idea orixinal e letras: Santi Páramo
-Música e produción: Suso Bello
-Deseno gráfico: Eva Callón
-Maquetación e lustre: Jesús Parada 
-Produción, edición e distribución: A Casita Records
-Gravado en decembro do 2013 na Casita Records (Ribeira) por Suso Bello e Nando Pérez, mesturado no Estudio "A Ponte" (Santiago de Compostela) por Tomás Ageitos e masterizado polo Dr. Chou.

Músic@s
: Tomás Ageitos: Batería; Nando Pérez: Clarinete, saxofón; Sabela Olivares: Gaita, piano, pandeireta e voz; Suso Bello: Guitarra, pequenos cachibaches, percusión e voz; Fernando Peón: Baixo.
Músic@s colaborador@s: Guitarra: David Ageitos, Loren, Rubén Cores; Voz: Rebeca Crujeiras, Cristiniña G. Román, Javi Bermúdez, Vera e Xulia Rivas e Amara; Flauta: Juancho Rivas, Rocío Solla; Tambor: Anxo Rivas; Pandeireta, voces: Vane Bolboreta, Mili Plaza, Manola Valiño e Lucía Plaza.

Agradecemento: a toda a xente de Ribeira que se prestou a colaborar no tema da “Lenda da Serea”, botando ben unha man ou a súa gorxa: Manolo Ruíz, Magdalena Bringas, Nita Vázquez, Isabel Barros, Mari Luz Domínguez, Ángeles Cores, Margarita Miniño, María José Nuñez, Mai Carreira, Manolo Mirás, José Pazó, Patiño, Luís Pérez Barral, Asun Fontao, Olegario Sampedro...



Onde conseguir esta proposta

Podes comprar este disco a través da rede, aquí (A Casita Records)> (Prezo do disco: 12 €. Con gasto de envío: 17 €. Contrarrembolso: 19 €).

Tamén o podes comprar fisicamente en Ribeira (12 €) en:

  • Círculo Mercantil
  • Fiandeira do Rueiro
  • Arró Barbanza
  • Rei Zentolo
  • Bar Samba
  • A Recoveira
  • Bar Capri
  • Triskel taberna
  • Vinte de Abril
E na Pobra do Caramiñal e en Boiro en:
  • Dixital Barbanza



Galería