Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Bolsas e mochilas CESTOLA na CACHOLA
Difundir o artigo en Cabozo

Bolsas e mochilas CESTOLA na CACHOLA


Bolsa cestola na cachola
Autor
CESTOLA na CACHOLA
Referencia
mochilas cestola
Idade
De 5 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

Produtos de Cestola na Cachola

Mochilas e bolsas de comercio xusto, algodón 100% ecolóxico en cor natural. Estampación en serigrafía da muller-cestola-na-cachola, dispoñibles en distintas cores.

Como ves, hai diversos modelos, cores, etc., e desde 7 euros!

As bolsas e mochilas están elaboradas en Bangladesh de maneira xusta e distribuídas á nosa cooperativa por IDEAS Comercio Justo. Están serigrafiadas por nós.

E é que en CESTOLA na CACHOLA cremos que as nosas decisións sobre o uso e compra de roupa son un aspecto fundamental que debemos transformar na busca dun consumo responsable integral. Por iso a través da pintura traballamos na promoción da “moda ética”: Roupa e complementos de nova creacion producidos de xeito etico e ecoloxico. Apostamos por introducir nas prendas os nosos deseños estampados coa técnica de serigrafía. O compromiso de CESTOLA na CACHOLA é traballar e colaborar só con empresas provedoras que ofrezan garantías éticas suficientes respecto ao proceso de elaboración e comercialización dos produtos téxtiles.

www.cestolanacachola.org



Onde conseguir esta proposta

Tenda online: http://www.cestolanacachola.org/web/gl/tenda



Galería