Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Bonecas da muller Cestola
Difundir o artigo en Cabozo

Bonecas da muller Cestola


Boneca Cestola
Autor
CESTOLA na CACHOLA
Categoría/s:
Referencia
bonecas cestola
Idade
0 anos
PVP rec.
38,00 €
Valoración
0 puntos

Produtos culturais cooperativos

As bonecas de Cestola na Cachola son pezas únicas, vestidas con retais do proxecto FIXENÖEU, quen as confecciona con agarimo. Cada muller-boneca leva sobre a súa cachola unha cesta elaborada de xeito artesán na comarca do Deza por "Carme a dos sombreiros".

Non hai dúas bonecas Cestolas iguais, porque as súas roupas están feitas a partir de retais, o que significa así esta boneca un símbolo da importancia e valor da reutilización no sector téxtil.

Mide aprox 50cm (para a súa idade, é alta...).

Desde a nosa cooperativa creamos produtos e propostas utilizando a pintura e a ilustración como ferramenta fundamental. Facemos murais, cadros, contos ilustrados... Na nosa tenda en liña podes atopar unha boa mostra dos nosos traballos (láminas e postais, roupa ecolóxica estampada cos nosos debuxos...).



Onde conseguir esta proposta

Podes comprar directamente unha destas bonecas na tenda en liña de Cestola na Cachola: http://www.cestolanacachola.org/web/gl/tenda

Tamén podes consultar aquí os puntos de venda físicos.



Galería