Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As que rubimos montañas. Poetas etíopes e galegas
Difundir o artigo en Cabozo

As que rubimos montañas. Poetas etíopes e galegas


As que rubimos montañas
Etiquetas
Autor
VV.AA.
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Libros
Idade
De 12 a 0 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

É un libro solidario promovido por Implicadas/os no Desenvolvemento que recolle poemas de autoras etíopes (Yemoddish Bekele; Mihret Kebede; Tigist Mitiku; Misrak Tefere; Azeb Yosef; Abebech Diriba) e galegas (María Reimóndez; Antía Otero; Lucía Aldao; Estíbaliz Espinosa; Marga do Val; María Lado; María do Cebreiro). 

"As que rubimos montañas, as poetas etíopes e galegas, atopamos igualmente abondos estereotipos que superar. Etiopía, no imaxinario occidental, resúmese nunha única palabra: fame. Nada hai debaixo diso para os nosos ollos, nin unha cultura milenaria, nin a convivencia relixiosa, nin o orgullo de non ser un pobo colonizado, nin os altibaixos e ditaduras dos séculos XX e XXI. Fame. E con iso resumimos a nosa (inexistente) relación co país. Nada hai inscrito nesa concepción sobre as mulleres que cada día fan esforzos inmensos por transformar, nun silencio sepulcral creado por todas e todos nós, as súas sociedades e as súas comunidades. Este poemario pretende achegar a multiplicidade de facianas das mulleres etíopes, coas súas diversas linguas, crenzas, situacións e traballos. Porque as que rubimos montañas cargamos con fardos pesados en todas as sociedades e cómpre esa man tendida nos dous sentidos para poder deixar a carga e respirar o aire fresco dos cumios, todas a unha."



Onde conseguir esta proposta

Onde conseguir esta proposta:

No local de Implicad@s no Desenvolvemento: Rúa Barcelona, nº 86, baixo. CP. 36211. Vigo.