Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Galletas mariñeiras Daveiga
Difundir o artigo en Cabozo

Galletas mariñeiras Daveiga


Galletas mariñeiras Daveiga
Empresa
Categoría/s:
Referencia
daveiga
Idade
0 anos
PVP rec.
2,00 €
Valoración
4 puntos
Galletas mariñeiras Daveiga

As galletas mariñeiras, tamén chamadas PAN MARIÑEIRO, PAN DE BARCO ou BISCOITO DE BARCO, foron a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos desde o século XV, dado que, un pan sen humidade, era a única forma de conservar o pan nas longas travesías, de forma natural. Chegaron a América do Sur nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos países sudamericanos.

Un proceso de elaboración semi-artesanal e a utilización de materias primas naturais  permítenos presentar un produto cunhas características físicas, sensoriais e organolépticas totalmente diferenciado de outros produtos presentes no mercado.

As Galletas Mariñeiras son un produto alimentario de longa duración, substitutivo do pan fresco, do pan torrado, do pan de molde, das galletas doces e da bolería, para acompañar os almorzos, as comidas ou as merendas.

Axeitadas para petiscar a calquera hora: soas, no almorzo, como base para sobremesas, como aperitivo para a preparación de todo tipo de petiscos ou canapés.

Variedades

Surtido galletas mariñeiras Daveiga

Galletas mariñeiras con manteiga especial canapés
Galletas mariñeiras con manteiga clásicas
Galletas mariñeiras con manteiga sen sal
Galletas mariñeiras con aceite de oliva virxe extra
Galletas mariñeiras con aceite de oliva virxe extra integrais

Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe clásicas (2.89 €)
Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe especial canapés
Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe con alga Wakame


DAVEIGA produción responsable

Polígono industrial de Chantada
27500 Chantada (Lugo)
Tel. 982 440 222





Onde conseguir esta proposta

Podes atopar estas galletas en diversas tendas e áreas comerciais (Carrefour, Eroski, Gadis, Froiz, El Corte Inglés. Tandy, Aquí, Pinchaprecios, Claudio, Coviran, Merca Mas) e tendas especializadas: Froiterías, herboristerías, delicatessen e de produtos ecolóxicos.



Galería



Descargas