Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Un dominio .gal
Difundir o artigo en Cabozo

Un dominio .gal


Empresa
Categoría/s:
Referencia
puntogal
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
50,95 €
Valoración
0 puntos

En galego estamos no mundo!
Que si, que si! que levabamos anos a agardar e xa os temos aquí. A cultura e a lingua galega xa ten o seu dominio propio na rede, o .gal!
As asociacións, entidades, empresas, etc., e todos os sitios web en galego xa poden ter o dominio .gal, para que así, en todo o mundo, poidan ser identificadas co noso país, coa nosa cultura e coa nosa lingua. Que mellor marca de calidade?

Anímate a usar o domino propio .gal nos teus webs!

E, ademais, tamén é un regalo ben orixinal, non? Pódesllo solicitar para a asociación da que formas parte, para o bar da túa irmá, para o blog do teu fillo, para a empresa da túa nai, para ese proxecto en que están metidos os teus colegas, para o equipo en que xogas...



Onde conseguir esta proposta

Podes solicitar o dominio .gal na empresa rexistradora galega Dinahosting.
Faino xa agora directamente aquí >

Desde o 16 de setembro e até arredor do 18 de novembro, pódense facer solicitudes de rexistros para asociacións e institucións públicas vinculadas co país, sitios web xa existentes en galego e marcas de empresas rexistradas. Por volta do 18 de novembro vanse adxudicando esas solicitudes e, a partir do 2 de decembro xa se pode facer o rexistro libre! Tes toda a información aquí.



Galería