Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Dende o conflito
Difundir o artigo en Cabozo

Dende o conflito


Dende o conflito
Etiquetas
Autor
María Reimóndez
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
978-84-9914-737-6
ISBN
978-84-9914-737-6
Idade
+18 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
0 puntos

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes.

A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas.

As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan.

Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, “Dende o conflito” é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. “Dende o conflito” rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo.



Onde conseguir esta proposta

Este produto está á venda en librarías