Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Crebacabezas de Galicia
Difundir o artigo en Cabozo

Crebacabezas de Galicia


Crebacabezas de Galicia
Empresa
Categoría/s:
Referencia
8005125934720
Idade
De 3 a +18 anos
PVP rec.
15,90 €
Valoración
5 puntos

Galicia é un paraíso. Un tesouro agochado. Este anaquiño de terra no noroeste de España namora a todos os que saben dela. Ríos, rías e praias, monumentos, flora e fauna, a inmensa riqueza de Galicia e da súa xente, as súas cidades e as súas aldeas. Lugares cheos de historias e lendas. Tradicións ancestrais. 

Con este crebacabezas amosamos algunha destas xoias e deixamos lugar á curiosidade do neno e do adulto para que sigan indagando e afondando nesta terra dun xeito lúdico. Ademais, ao compoñer as pezas, irán descubrindo Galicia.

A calidade dos materiais utilizados e a exclusiva técnica de impresión dá lugar a marabillosas imaxes, rechamantes e luminosas para un enredo que non remata nunca!

O Crebacabezas  ten 350 pezas de cartón duro e, unha vez montado, mide  48,5x33,5 cm. A caixa  ven cas indicacións en galego, castelán e inglés.



Onde conseguir esta proposta

Podes  mercar este produto nas librarías, xogueterías e centros comerciais que distribúen os xoguetes da marca GALILEO NENOS. A lista dos establecementos pódese atopar na páxina web de GALILEO NENOS no apartado “Onde Atopalos”. Podes ademais mercalo directamente a través da mesma páxina web.