Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Olympia Ring. 1934
Difundir o artigo en Cabozo

Olympia Ring. 1934


Olympia Ring. 1934
Autor
Xavier López López
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
0010080327
ISBN
978-84-9865-544-5
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
17,00 €
Valoración
0 puntos

Olympia Ring. 1934

O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, Xabier López López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso e sentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nos mata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003.
Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo.
Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato.
Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos —con antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanos— conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en todas as librerías