Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Difundir o artigo en Cabozo

Reo


Reo
Etiquetas
Autor
Xesús Fraga
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
0015210083
ISBN
978-84-9865-542-1
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Reo

Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.

Premios Raíña Lupa 2013 e Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil


Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en todas as librerías