Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Frecha de Chocolate para San Valentín
Difundir o artigo en Cabozo

Frecha de Chocolate para San Valentín


Frecha de Chocolate con poema inédito de Yolanda Castaño (300 grs.)
Empresa
Ano
2015
Referencia
CRE001B
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
4 puntos

A antítese formada entre os conceptos de frecha e dozura queda nunha mera anécdota ante a realidade do noso produto.

Febreiro, o mes do amor, San Valentin presente, facéndose notar o 14 de Febreiro.

Vive o teu momento doce regalando a Frecha de Chocolate de Fina Rei. Conseguirás que o padal renda obediencia ante a mestura de sabores como a framboesa, o chocolate, a giaduja de canela e as plumas feitas de pastillaje.

Estamos seguros que a combinación destes sabores fará que non esquezas o momento nin a persoa que o acompaña.

Para dar un toque de máis romanticismo, a Frecha de Chocolate vai acompañada dun poema de amor escrito Yolanda Castaño.

Máis directo ca unha frecha

o meu amor sae a buscarte,
non vai pola volta nin perde o rumbo,
nada lle fai perder coraxe. 

Pero ante a túa tenrura
vólvese azucre este ataque,
a miña loita faise tan docee,
as miñas armas, de chocolate.

Yolanda Castaño


Qué é? Orixinal frecha de chocolate elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe. A frecha apóiase sobre un comprimido de "giaduja" de canela.
Acompaña esta creación un poema de Yolanda Castañoescrito para a ocasión, atado en forma de mensaxe á frecha.

Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.

Peso frecha pequena 200 gr. (13 EUR)
Peso frecha grande 300 gr. (17 EUR)

Caducidade 5 meses



Onde conseguir esta proposta


Tenda en liña de Fina Rei - Artesáns Reposteiros

http://www.finarrei.com

Allariz
Fina Rei
Emilia Pardo Bazán 1

Ourense
Fina Rei - A Tropical
Rúa da Paz 20

Baiona
Fina Rei na Solaina
Rúa de Ventura Misa 40



Galería