Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Sementes de papel
Difundir o artigo en Cabozo

Sementes de papel


Autor
Bea Gil e Silvia Gil (ilustracións)
Empresa
Categoría/s:
Ano
2013
Referencia
978-84-9995-077-8
ISBN
978-84-9995-077-8
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

Sementes de papel

Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar.

Do enxeño e do amor pola natureza xurdirá unha solución que lles axudará a salvar a preciosa paisaxe.

Sementes de papel é una fábula que busca espertar a curiosidade das nenas, dos nenos e dos adultos cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza.

A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E ao mesmo tempo é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo.

Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?



Galería