Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Lúas de outubro e agosto
Difundir o artigo en Cabozo

Lúas de outubro e agosto


Lúas de outubro e agosto Guadi Galego
Autor
Guadi Galego
Empresa
Ano
2014
Referencia
luasdeoutubro
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
13,99 €
Valoración
0 puntos

Lúas de outubro e agosto
1. Mergullei
2. Curso de un Río
3. Pernoctei
4. Chea de Vida
5. Aromas de Terra
6. Sentir
7. Ramo
8. Norte do Norte
9. Matriarcas
10. O Muro

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta Lúas de outubro e agosto, o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica. Foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica e, á vez, máis arriscada.
Lúas de outubro e agosto contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que, sen dúbida, sorprende.

Lúas de Outubro e agosto gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.
Lúas de outubro e agosto preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

No álbum participan tamén os compositores e músicos Pachi García Alis, Claudio Aragunde, Pablo Pascual, Santi Cribeiro e Karlos Abal, entre outros, ademais dun coro composto por Xanana Salgado, Sabela Torres, Cristina Pico, Miriam Luaces, Trinidad González e Patricia González.



Onde conseguir esta proposta

Podes atopar este disco nas tendas de música e librarías de toda Galiza e tamén en El Corte Inglés e FNAC. 
Tamén na tenda en liña de Fol Música



Galería