Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O gran libro dos medos do rato pequeno
Difundir o artigo en Cabozo

O gran libro dos medos do rato pequeno


O gran libro dos medos do rato pequeno
Autor
Emily Gravett
Empresa
Categoría/s:
Referencia
LibrosDosMedos
ISBN
978-84-936842-7-3
Idade
De 2 a 10 anos
PVP rec.
14,00 €
Valoración
0 puntos

Distiquifobia, fagofobia, e a vella acrofobia: todo o mundo ten medo a algo, aínda que parece que o rato protagonista de Gravett é quen máis medos ten. O libro ten o intelixente formato dun caderno ou un diario que escribe o rato pequeno. Neste libro atopamos a frase: "Ti tamén podes superar os teus medos a través do uso da arte!". Logo deste frase, segue unha lista case enciclopédica de medos, cada un na súa propia páxina, con abundancia de espazo para a resposta do rato pequeno. Gravett aumenta as posibilidades deste caderno con engadidos deliciosos, unha postal, unha carta, un mapa enteiro.

Por exemplo, cando o rato pequeno di: "Non me gusta estar só, ou ás escuras", os lectores van aprender mirando para o ángulo superior dereito que este sentimento se chama "Isolofobia (Medo da soidade)." A páxina oposta é negra coma o breu, e os ollos nerviosos do rato pequeno escintilan co medo. Outros momentos son máis puramente divertidos, como a historia dos tres ratiños cincenses que perderon o rabo, o que ao rato pequeno lle dá moito medo, pois tenmedo aos coitelos.

Aínda que os nenos non superen os seus medos de vez, este libro guiaraos no camiño para racionalizalos, ademais de ensinarlles unha chea de vocabulario.



Onde conseguir esta proposta

Este libro pódese mercar en librarías e tamén a través do web da editorial >