Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O viaxeiro radical
Difundir o artigo en Cabozo

O viaxeiro radical


O viaxeiro radical
Autor
Xerardo Quintiá
Categoría/s:
Ano
2015
Referencia
0010080336
ISBN
978-84-9865-612-1
Idade
+18 anos
PVP rec.
16,00 €
Valoración
0 puntos

O viaxeiro radical

Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna —da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe— e os achados do pensamento idealista do século XIX.
O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.
A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en todas as librerías