Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Xiqui xoque, fiú fiú! María Fumaça
Difundir o artigo en Cabozo

Xiqui xoque, fiú fiú! María Fumaça


Xiqui xoque, fiú fiú! María Fumaça
Autor
Uxía Senlle
Empresa
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
978-84-9865-521-6
ISBN
978-84-9865-521-6
Idade
De 0 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Xiqui xoque, fiú fiú! é como fai a locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu: a locomotora de María Fumaça!

Trátase dun libro-disco-DVD que aglomera o máis nutrido da música galega arredor dun proxecto que aposta pola diferenza como un xeito de ollar mellor e máis lonxe. Desta nova volta, este proxecto musical, comandado por Uxía, conta coa colaboración de excelentes músicos coma Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales ou Magín Blanco (e con colaboradores de luxo coma Carlos Blanco ou o grupo Tanxarina), ademais de toda a familia María Fumaça. Como xa aconteceu coa primeira entrega, estamos certos de que este novo libro-disco-DVD que a Editorial Galaxia publica na Colección Sonárbore, vai ser un éxito completo e que vai encher as casas e os auditorios de nenos e de nenas dispostos a cantar as cancións e a practicar as coreografías que se ofrecen no CD e no DVD.

Vídeo de presentación: https://www.youtube.com/watch?v=MCwrqr1vkWs#t=49

Vídeo da canción Manola, incluído no DVD: https://www.youtube.com/watch?v=01tIuTUc5Uw



Onde conseguir esta proposta

Este libro-disco está á venda en todas as librarías.
Tes máis información sobre a colección completa aquí >