Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Unha viaxe polo mundo
Difundir o artigo en Cabozo

Unha viaxe polo mundo


Unha viaxe polo mundo
Autor
As Maimiñas
Empresa
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
978-84-9865-540-7
ISBN
978-84-9865-540-7
Idade
De 0 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Ou se cadra, abonda con acompañar ás MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo. Sabes cantar? Sabes bailar? Daquela, estás listo para viaxar.

As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña.
Son dúas mosenses que un día, para celebrar a Semana da Familia nos coles dos seus fillos, decidiron actuar para eles. Foi entón cando decidiron facer o que querían que visen os seus nenos: un espectáculo de música e contos nos que eles puideran participar activamente.
Así, no mes de abril de 2011 naceron As Maimiñas.
Dende entón, e case sen decatarse, algo que comezou como un xogo, converteuse en parte da súa vida profesional. As súas aventuras téñenas levado ata o de agora por auditorios, asociacións e moitos coles de toda Galicia.
‘Unha Viaxe polo mundo’ é o seu primeiro traballo publicado e con el ven cumprido un dos seus soños.

Mira aquí o vídeo Suramérica - As Maimiñas



Onde conseguir esta proposta

Este libro-disco está á venda en todas as librarías.
Tes máis información sobre a colección completa aquí >