Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A gramola gominola
Difundir o artigo en Cabozo

A gramola gominola


A gramola gominola
Autor
A Gramola Gominola
Empresa
Categoría/s:
Ano
2015
Referencia
978-84-9865-600-8
ISBN
978-84-9865-600-8
Idade
De 3 a 14 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia.

Pero tamén naceu entre lendas do rock vivas e galegas. Porque foi un dos seus integrantes, Paco Cerdeira (guitarra), quen se propuxo crear un grupo de rock diferente, para as pequenas e pequenos. Desa idea inicial pasou un tempo ata que volveu saír do caixón e se comezou a concretar con letras e música.

Así foi como se uniron primeiro Anxelo de Xermar (baixo), despois Paula Romero (voz) e Ro Muñoz (batería), tres dos integrantes que xa traballaran xuntos noutros grupos e proxectos. As ideas foron encaixando, os estilos, as personalidades de todos e cada un deles foron dándolle pouco a pouco forma a idea dunha banda de rock para cativos. Unha forma que decidiron chamar Gramola Gominola e coa que prenteden levarnos ata os recunchos máis especiais da música.

Chámase igual que o grupo que o botou a andar. Un taballo que conta coa participación de diferentes artistas como Mini e Mero ou Luís Tosar. Un traballo sorprendente que repasa moitos xéneros musicais e que está cheo das vistosas ilustracións creadas pola ilustradora Lidia V. Cardeiro.

Aquí tes o vídeo da presentación do disco >



Onde conseguir esta proposta

Este libro-disco está á venda en todas as librarías.
Tes máis información sobre a colección completa aquí >



Galería