Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As andanzas de Paio
Difundir o artigo en Cabozo

As andanzas de Paio


 As andanzas de Paio
Autor
Oviravai
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-9865-675-8
ISBN
978-84-9865-675-8
Idade
De 0 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Paio é un teixugo. Anímaste a viaxar con el polo mundo adiante na procura de ritmos do máis sorprendentes? Con música de primeira e unha Paiopedia coa que vas alucinar!

Ao longo dos dez temas musicais que compoñen As andanzas de Paio, do novo grupo Oviravai, Paio percorre lugares tan remotos como Madagascar, Canadá, China ou o mesmo fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina.

O grupo Oviravai, de recente creación, é o responsable deste novo álbum no que se fusionan diferentes ritmos e estilos musicais. Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki, integrantes da banda, son os autores das letras, músicas e ilustracións de As andanzas de Paio, un libro-disco ateigado de sorpresas e descubrimentos.



Onde conseguir esta proposta

Este libro-disco está á venda en todas as librarías.
Tes máis información sobre a colección completa aquí >