Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Manuel María. Vida, versos e rebeldía
Difundir o artigo en Cabozo

Manuel María. Vida, versos e rebeldía


Manuel María. Vida, versos e rebeldía
Autor
Manuel Veiga e Xosé Lastra
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-9121-019-1
ISBN
978-84-9121-019-1
Idade
De 9 a 14 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista... Camiñante polos vieiros da terra e autor teatral, Manuel María (o primeiro mozo que publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil) foi, sobre todo, un poeta que saloucaba cando vía unha estrela. O volume complétase cunha cronoloxía da vida e obra, ademais dunha antoloxía de poemas, «Ferrados de corazón», do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.



Onde conseguir esta proposta

Este libro está á venda en librarías e mais no web de Xerais, aquí >