Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra
Difundir o artigo en Cabozo

Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra


Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra
Autor
Margarita Ledo Andión
Empresa
Ano
2016
Referencia
DocMMNos
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
16,90 €
Valoración
5 puntos

Celebrado no mundo da creación cultural, a súa atitude foise labrando a pé dun libro de horas que o levan da inadaptación á acción política. O seu mundo é a fala (tertulias, conversas, tabernas, foros, ágoras, mítines…) o nome das cousas, a palabra pola que accede a se expresar coa terra que tripa e a terra que contempla nunha viaxe infinda.

Entre filme de montaxe de imaxes de diferentes fontes , motivos e épocas, e máis filme de rodaxe por entre espazos alegóricos que realizan a posta en imaxe da personalidade de Manuel María, o documental pénsase coma un eco interior, con elementos moi próximos ás técnicas de filmar o íntimo.

As interrogantes que o filme intenta desvelar teñen que ver co paso que dá o autor para se pór a escribir en galego ao comezo dos anos cincuenta ; coa relación empática cos lugares de seu e cunha actividade inmensa e diversa que o levou mundo adiante por milleiros de actos, presentacións feiras, festas, manifestacións…

CRÉDITOS

  • Guión: Margarita Ledo e Carme Vidal
  • Documentación: Margarita Ledo, Sira Vidal e Carme Vidal
  • Axudantes de documentación: Silvia Roca e Miguel Fernández
  • Colaboración especial: Camilo Gómez Torres
  • Cámara e montaxe: Silvia Roca
  • Posproducións: Cristina Morquillas
  • Posprodución: Gaspar Broullón Pastoriza
  • Música: Paulino Pereiro
  • Colaboran:Deputación da Coruña, Facultade de Ciencias da Comunicación USC
2016 | Libro- DVD | 27' | Galego

Libro escrito por Margarita Ledo, Carme Vidal, Fernando Fernán Vello, Paulino Pereiro e Darío Xohán Cabana. O filme está subtitulado ao castelán e ao inglés no DVD.

Empresa: Nós, Produtora Cinematográfica Galega, SL



Onde conseguir esta proposta

Pódese solicitar en librarías ou tamén se pode contactar directamente coa produtora en nosprocinegal@gmail.com. Máis información sobre este documetal, aquí >



Galería