Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Marmeladas caseiras
Difundir o artigo en Cabozo

Marmeladas caseiras


Marmeladas caseiras
Autor
Nuria Durán e Montserrat Roig
Empresa
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
MarmeladasCaseiras
ISBN
978-84-9995-043-3
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
14,50 €
Valoración
0 puntos

Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu todo un reto para o ser humano; diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado de dezasete tomos.

Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le Menagier de Paris (Traité de morale et d´économie domestique, composé en 1393 par un bourgeois parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel.

Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón un produto de luxo.

Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita na casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o goce da creatividade e a satisfacción de poder ofrecer aos demais aquilo que un fixo coas súas mans. Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que nos invitou a cear.

Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse.



Onde conseguir esta proposta

Este libro está á venda en librarías. Tamén na rede, aquí >