Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cervexa Gallaecia Celta
Difundir o artigo en Cabozo

Cervexa Gallaecia Celta


Cervexa Gallaecia Celta
Etiquetas
Empresa
Referencia
GallaeciaCelta
Idade
+18 anos
PVP rec.
2,00 €
Valoración
0 puntos

A CERVEXA ARTESÁ ORIXINAL

A cata dunha cervexa require prestar atención ao interior dun mesmo, as sensacións que nacen e as impresións que se forman dende o momento no que vemos a súa aparencia ata que os aromas e o sabor nos invaden.

O desfrute de Gallaecia Celta lógrase só ou en compañía, gozando da personalidade de cada variedade e enchendo o corpo coa enerxía celta que vai en cada botella.

As seis variedades de Gallaecia foron concebidas coma unha homenaxe, co mellor facer dos artesáns cervexeiros ata acadar un produto de calidade excelente e sabores ancestrais.

VARIEDADES

Cada variedade destaca por unha particularidade:

  • SUAVE, pola frescura e delicado amargor equilibrado coas notas de fino lúpulo.
  • TOSTADA, pola súa intensidade, amargor e sabor a cereal.
  • VERMELLA, polo espléndido aroma afumado e sabor a froitos vermellos mesturado con cereal tostado.
  • NEGRA, polo seu intenso sabor e aroma con predominio de regaliz.
  • MIL800, pola súa suavidade e recordos a madeira e cereal.
  • DOURADA, pola agradable sabor a malta con un toque doce.



Onde conseguir esta proposta

A cervexa Gallaecia Celta pódese mercar en diferentes tendas de produtos alimentarios e/ou groumet. Pódese obter máis información no web da propia marca, aquí >

*Os prezos poden variar segundo o tipo de cervexa e o lugar de compra.