Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cervexa Dama Alaricana
Difundir o artigo en Cabozo

Cervexa Dama Alaricana


Cervexa Dama Alaricana
Etiquetas
Empresa
Referencia
CervexaAlaricana
Idade
+18 anos
PVP rec.
2,50 €
Valoración
0 puntos

A cervexa coa que Dama Alaricana sae ao mercado, chámase Queimada, nome escollido en substitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”.
Namóranos a súa cor, que nos lembra ao ámbar, pedra preciosa de resina vexetal fosilizada, pois é laranxa amarelada coma ela. Esta cervexa artesá de estilo Pale Ale elabórase a partir de catro clases distintas de malta de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Airavella e fermento para cervexas ales de alta fermentación.
O grao alcohólico de Dama Allaricana Queimada é de 5,4 % vol.
As outras variedades son meleira, castañeira e extraperla.



Onde conseguir esta proposta

A cervexa Dama Alaricana pódese mercar en diferentes tendas de produtos alimentarios e/ou groumet. Pódese obter máis información no web da propia marca, aquí >

*Os prezos poden variar segundo o tipo de cervexa e o lugar de compra.