Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » En todas as mans. Documentario
Difundir o artigo en Cabozo

En todas as mans. Documentario


En todas as mans. Documentario
Autor
Diana Toucedo
Empresa
Ano
2015
Referencia
EnTodasAsMans
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

Directora: Diana Toucedo
Produtora: Trespés Coop. Galega

2015 | DVD | 100' | Galego/Portugués O documentario incorpora lexendas en galego para persoas con audición condicionada, en español e inglés.

Sinopse: A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldios. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios que están nas suas mans sexan creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. O documentario crúzase no seu camiño para indagar nunha realidade tan próxima como tan descoñecida. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro.

Tráiler: https://vimeo.com/99548370



Onde conseguir esta proposta

Este documentario pódese solicitar en librarías ou tamén nas tendas en liña de Cestola na Cachola ou na Ciranda.

  • A Coruña: Libraria Suevia
  • Foz: Libraria Bahía
  • Santiago: Numax, Museo do Pobo Galego, Fogar natural
  • Lugo: Bico de Grao
  • Pontevedra: Libraria Paz, Tenda Amarante