Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Todo isto che darei
Difundir o artigo en Cabozo

Todo isto che darei


Autor
Dolores Redondo
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-9121-152-5
ISBN
978-84-9121-152-5
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
23,90 €
Valoración
0 puntos

O Premio Planeta 2016, ambientado na Ribeira Sacra.

Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben.A inagardada amizade destes tres homes sen ningunha afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor por quen foi o seu home e o tormento de ter vivido de costas á realidade, blindado tras a fantasía do seu mundo de escritor. Empezará así a procura da verdade, nun lugar de fortes crenzas e arraigados costumes no que a lóxica nunca termina de atar todos os cabos. Todo isto che darei é a novela galega de Dolores Redondo, a autora da memorable Triloxía do Val do Baztán. Un acontecemento para as nosas letras.



Onde conseguir esta proposta

Este libro está á venda en librarías.
Información no web de Xerais, aquí >