Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Deserto de centos
Difundir o artigo en Cabozo

Deserto de centos


Deserto de centos
Etiquetas
Autor
Sonia Lebedynski
Empresa
Ano
2016
Referencia
Desertodecentos
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Sonia Labedynski bota a andar a súa carreira en solitario con Deserto de centos logo de ser a voz de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. Estamos diante dun disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas de que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: tradicional, folk, funk, pop, música brasileira…

Deserto de centos é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos de que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.

Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en Deserto de centos colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.

Lista de temas:

  1. Cen miradas
  2. Baila, queridiño
  3. Alumea
  4. Chove outra vez
  5. Paseo polo areal
  6. Miña doce amiga
  7. Paraíso de sal
  8. Viaxe astral
  9. Quixera
  10. Para que?
  11. Inventario do prohibido

Vídeo promocional do disco>




Onde conseguir esta proposta

Á venda en tendas de discos, algunhas librarías ou no web de Sonia Lebedynski.