Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Agni e a chuvia
Difundir o artigo en Cabozo

Agni e a chuvia


Agni e a chuvia
Autor
Dora Sales/Enrique Flores
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-8464-305-0
ISBN
978-84-8464-305-0
Idade
De 8 a 12 anos
PVP rec.
14,00 €
Valoración
0 puntos

O sol ponse á mesma hora para todos os habitantes de Bombai. Ao regresar ás súas casas, algúns poderán abrir as billas para lavarse e preparar a cea pero a maioría, que carecen de auga corrente, terán que repartir entre toda a familia o contido dos caldeiros que foron encher ás fontes públicas...

Como Agni, un neno de dez anos que xa dende os seis traballa nun lavadoiro. Mentras frega e refrega sen parar, Agni soña que algún día cambiará a súa sorte. O seu soño é o dos máis de 250 millóns de nenos e nenas que madrugan cada día, non para ir á escola ou xogar, senón para traballar, forzados polas redes de explotación e de escravitude infantil ou de xeito «voluntario» para axudar as súas familias, sumidas na pobreza.

Unha historia triste -entre a melancolía e a luminosidade- que Dora Sales transmite cunha ollada tenra centrada no valor dos sentimentos, da esperanza e da vontade por progresar do protagonista, que emociona e xera empatía. As acuarelas de Enrique Flores, que destacan polo trazo rápido e imperfecto, transpórtannos ao fogar, á barriada, ao inmenso tendal...

Dora Sales (texto)
Enrique Flores (ilustración)
Tamara Andrés (tradución)

Encadernado en cartoné. 15 x 23,5 cm. 128 páx



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.