Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Canta connosco!
Difundir o artigo en Cabozo

Canta connosco!


Canta connosco!
Autor
Migallas
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-8464-276-3
ISBN
978-84-8464-276-3
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
22,00 €
Valoración
0 puntos

No 20.º aniversario deste sobranceiro traballo musical, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron bailar a moitas xeracións de rapazas e rapaces a ritmo de rap, rock, reggae e melodías tradicionais.

A aparición deste traballo musical en 1996 foi todo un fitona música do país. Por primeira vez, un grupo galego con ampla experiencia de actuacións en directo para público infantil e xuvenil, facía un disco na nosa lingua coa calidade dun traballo musical para adultos. Tanto na forma coma no contido, cada tema foi elaborado coa maior calidade técnica, apostando pola variedade de ritmos. Colaboraron daquela destacados músicos como Paco Dicenta, Budiño ou Suso Vaamonde.

Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco.

Pensado para o público infantil, tamén pode gustar a toda a familia pola diversidade de contidos: os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ás novas tecnoloxías; a animación á lectura; a importancia do uso do galego; a ecoloxía; a cultura tradicional...

As ilustracións de Óscar Villán -de vivas cores, grande expresividade e dinamismo- acentúan o ton lúdico da obra, que se complementa con divertidos vídeos musicais de José Miguel Sagüillo, que inclúen animacións e karaokes para fomentar a interactividade.

Textos de MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS (MIGALLAS)
Ilustracións de ÓSCAR VILLÁN
Música de MIGALLAS, arranxos de PACO DICENTA
Interpretación musical e voces de PACO DICENTA, XOSÉ MANUEL BUDIÑO, FRANCISCO BOUZA, GUILLERMO FERNÁNDEZ, SUSO ELÍAS QUIROGA, LUCÍA COTA, EVA Mª TROITIÑO, SUSO VAAMONDE
Dirección e realización dos videoclips JOSÉ MIGUEL SAGÜILLO

Encadernado en cartoné. 16x 16cm. 48 páx

Vídeo karaoke de "Perico Pérez"
Vídeo karaoke de "Dime que fixeches"



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.