Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta
Procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática.
A aprendizaxe de idiomas, así, en plurarl, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente capacitados e para o que nacen dotados dunhas aptitudes excepcionais que só é preciso desenvolver e aproveitar. Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivas polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes das dúas linguas oficiais da comundiade e empregar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible. Porque en cuestión de linguas o importante é sumar.
Detalles
- Páxinas: 84
- Deseño: rústica con lapelas
- Dimensións: 170 x 240
- Data Publicación: 09/03/2017
- Colección: Biblioteca de Intervención Social / Didáctica
Charla de M. Núñez Singala no LGx15 de 2015: "Escolle non escoller"
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías.
Máis información aquí.