Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Historia do ADN. 40 anos de revolución...
Difundir o artigo en Cabozo

Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica


Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica
Autor
Daniel Soutullo
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-045-0
ISBN
978-84-9121-045-0
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
13,89 €
Valoración
0 puntos

Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis recentes, nos albores do XXI. Tamén aborda a revolución biotecnolóxica desencadeada polo coñecemento da súa estrutura e pola capacidade de manipulalo case a vontade a partir dos anos setenta do século XX. Estes acontecementos, de grande importancia científica e social, están influíndo, e influirán moito máis no futuro, na vida e na saúde das persoas.

O libro, escrito nun estilo claro e ameno, diríxese a un público amplo, sen necesidade de coñecementos previos de xenética, mais con curiosidade por achegarse a ela con rigor, fuxindo de simplificacións que poidan empobrecer a comprensión do seu significado.

Características de edición:

  • Papel
  • 13,00 x 20,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 168 Páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.

Máis información aquí.