Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Poetízate
Difundir o artigo en Cabozo

Poetízate


Poetízate
Etiquetas
Autor
Fran Alonso
Categoría/s:
Referencia
978-84-9914-250-0
ISBN
978-84-9914-250-0
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
12,15 €
Valoración
0 puntos

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil.

Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella.

Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.

Espírito e contidos do libro

Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

Características de edición:

  • Papel
  • 13 x 21,5 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 224 Páxina



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.

Máis información aquí.