Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cancións para desafinar, da Gramola Gominola
Difundir o artigo en Cabozo

Cancións para desafinar, da Gramola Gominola


Cancións para desafinar
Etiquetas
Autor
A Gramola Gominola
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-045-1
ISBN
978-84-9151-045-1
Idade
De 3 a 14 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

A Gramola Gominola chega con este segundo libro disco cheo de cancións para desafinar. Con ilustracións de Iago Araujo.

Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, punk, gospel ou funk. Porque non hai idades nin barreiras para a música, asi que… a rochandrollear!

A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia.

Pero tamén naceu entre lendas do rock vivas e galegas. Porque foi un dos seus integrantes, Paco Cerdeira (guitarra), quen se propuxo crear un grupo de rock diferente, para as pequenas e pequenos. Desa idea inicial pasou un tempo ata que volveu saír do caixón e se comezou a concretar con letras e música.

Así foi como se uniron primeiro Anxelo de Xermar (baixo), despois Paula Romero (voz) e Ro Muñoz (batería), tres dos integrantes que xa traballaran xuntos noutros grupos e proxectos. As ideas foron encaixando, os estilos, as personalidades de todos e cada un deles foron dándolle pouco a pouco forma a idea dunha banda de rock para cativos. Unha forma que decidiron chamar Gramola Gominola e coa que prenteden levarnos ata os recunchos máis especiais da música.

  • Páxinas: 24
  • Deseño: Cartoné
  • Dimensións: 240 x 210




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e tendas de discos.

Máis información aquí.