Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Trazo de xiz
Difundir o artigo en Cabozo

Trazo de xiz


Trazo de xiz
Autor
Miguelanxo Prado
Categoría/s:
Ano
2012
Referencia
978-84-939434-5-5
ISBN
978-84-939434-5-5
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Unha das máis brillantes creacións da banda deseñada da década dos noventa, recoñecida cunha longa listaxe de premios a nivel nacional e internacional.

Unha nova cuberta e contidos extra engalanan este poético e complexo álbum, que ofrece diferentes niveis de lectura e reclama do lector unha atención demorada.

A illa como metáfora, a atmosfera irreal da historia, detalles cargados de significado, intertextos literarios, a carón da forza gráfica, a variedade de rexistros, o dominio técnico do debuxo e da cor, a coidada planificación, a montaxe eficaz subordinada ao halo de misterio, son só algúns dos engados deste álbum, que garante, viñeta a viñeta, que o lector se enganche ata o final e goce do talento dun dos mellores debuxantes europeos.

Formato: 20 x 26 cm
104 páxinas
Encadernación: cartoné
Impresión: cor




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías especializadas en banda deseñada ou na tenda en liña da editorial.