Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A viaxe subterránea de Niels Klim
Difundir o artigo en Cabozo

A viaxe subterránea de Niels Klim


A viaxe subterránea de Niels Klim
Etiquetas
Autor
Ludvig Holberg
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-945403-8-7
ISBN
978-84-945403-8-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución do latín de Alfonso Blanco

Ludvig Holberg non quería publicar A viaxe subterránea de Niels Klim: temía as críticas iradas que lle puidesen chegar dende os ambientes académicos de Copenhaguen, como xa lle acontecera coas súas comedias. Ao cabo, consentiu en publicar a novela, a condición de que fose no estranxeiro e baixo pseudónimo; tal aconteceu en 1741.

O autor escandinavo deixou escrito que, pola súa pedagoxía, se trataba dunha «novela filosófica». Baseándose na ficción, Holberg quixo compendiar nela a súa filosofía moral e, ao tempo, pretendeu construír un sistema ético proveitoso para o xénero humano. A narración alicérzase na sátira e no humor, trazos que o escritor deprendeu dos clásicos latinos, da commedia dell’arte italiana e das obras de Molière; un bo exemplo disto é o contraste entre os costumes dos seres do mundo subterráneo e os habitantes da superficie.

A viaxe subterránea de Niels Klim
é, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas.

Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos ents na súa magna obra O señor dos aneis.

20 x 13.5 cm
Colección XIX
308 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.
Máis información aquí.