Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As almas grises
Difundir o artigo en Cabozo

As almas grises


As almas grises
Etiquetas
Autor
Philippe Claudel
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-92866-78-6
ISBN
978-84-92866-78-6
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución do francés de Moisés Barcia

As almas grises
sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza. Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada.

Neste relato, debuxado nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son, dalgún xeito, vítimas.

Esta obra foi galardoada co Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses.

Nº páxinas: 206
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.
Máis información aquí.