Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Carlos Casares, un contador de historias. Vida e...
Difundir o artigo en Cabozo

Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra


Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra
Autor
Henrique Monteagudo
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-039-0
ISBN
978-84-9151-039-0
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

Biografía do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas.

A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

Detalles

  • Páxinas: 180
  • Deseño: Rústica con lapelas
  • Dimensións: 135 x 190



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías. Máis información aquí.